Xabier Fortes, premio Ondas ao mellor presentador de televisión
Por Alejandro Espiño
Os premios Ondas, que entrega anualmente Radio Barcelona da Cadena SER, volven fixarse en Pontevedra. O xornalista Xabier Fortes foi elixido polo xurado destes prestixiosos galardóns como o mellor presentador de televisión.
O fallo, coñecido este mércores, destaca o entusiasmo de Fortes ante o micrófono e a súa coraxe en defender a verdade na redacción de informativos de TVE en Galicia.
Pouco despois de coñecerse que era un dos premiados, Xabier Fortes explicou a PontevedraViva que "no me lo esperaba", xa que descoñecía que se presentou a súa candidatura. "Me mandó un mensaje una compañera diciendo 'qué callado te lo tenías' y no supe de qué estaba hablando hasta que me llamaron de la SER", asegura.
"Es una alegría", engade Fortes, a quen lle agrada especialmente que non só recoñezan a súa traxectoria profesional senón tambien a loita "colectiva" por lograr unha TVE "digna" ao servizo dos cidadáns despois de seis anos "catastróficos" desde o punto de vista da manipulación informativa. Unha pelexa "constante" na que están involucrados "miles de compañeros con más valentía que yo" e aos que dedica un premio que, considera, é "colectivo".
O que ten claro é que, o día que vaia a Barcelona a recoller o Ondas, "haré un guiño a Pontevedra y a la ciudad" en su discurso de agradecimiento.
Xabier Fortes comparte o Ondas na categoría de presentador de televisión con Susanna Griso, condutora de Espejo público en Antena 3 ou Josep Cuní, presentador do programa 8aldía nunha cadea autonómica catalá.
Ademais, Angels Barceló, Isabel Gemio, Virginia Díaz (Radio 3), os actores Javier Gutiérrez, Blanca Suárez e Josep María Pou, a serie Sé quién eres, o programa Aquí la tierra de TVE ou os artistas Alejandro Sanz, Jarabe de palo, Carlos Vives ou Camarón de la Isla son outros dos premiados nos Ondas 2017.
Relacionadas:
-
VIDEO.- O Ondas xa está nas mans de Xabier Fortes
Por Alejandro Espiño |
-
RADIO.- A Playlist: Fai un Fortes de carallo!
Por Marisa Ciordia |
-
Xabier Fortes toma o relevo de Fernández Sieira como creador de semblanzas dos Amigos de Pontevedra
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
'Los últimos de Pasarón', un libro de Xabier Fortes para comezar os actos do 75 aniversario do Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |