Unha persoa resulta ferida nun accidente na saída da Autovía do Salnés en Meaño
Por Redacción
Ao redor das 08.40 horas, un vehículo saía da vía na Autovía do Salnés, na saída número 14 cando o turismo circulaba cara a Sanxenxo.
Segundo informa o servizo de Emerxencias do 112 Galicia, un particular alertaba da presenza do coche accidentado cunha persoa ferida no seu interior.
Desde o 112 alertábase aos Bombeiros de Ribadumia que se desprazaron ata o punto por se era necesaria a excarceración. Con todo, non tiveron que intervir porque o ferido saía polos seus propios medios do interior do vehículo.
Ata o lugar tamén se trasladou unha ambulancia con persoal sanitario e informouse aos axentes da Garda Civil de Tráfico e aos membros do GES de Sanxenxo.