Limpan as contornas dos camposantos de Cerdedo-Cotobade
Por Redacción
Os cemiterios do municipio de Cerdedo-Cotobade atópanse a punto para estas xornadas de Todos os Santos e Defuntos.
A brigada municipal de obras levou a cabo, durante os últimos días, a realización de limpezas, rozas e outras pequenas reparacións nestes espazos para albergar a visita de numerosas persoas durante esta semana.
Tamén se melloraron os accesos, sobre todo, naqueles de maior tránsito e concorrencia de visitantes, segundo a información facilitada polo Concello de Cerdedo-Cotobade.
Estes traballos realízanse de maneira establecida e de forma intensa durante o mes de outubro con independencia doutras actuacións de mantemento que se acometen ao longo do ano.