Unha persoa resulta ferida nun accidente entre dous vehículos en Cuntis
Por Redacción
Unha persoa sufría feridas de diversa consideración tras producirse un choque entre dous turismos en Cuntis. O accidente rexistrábase na Nacional 640, segundo a información facilitada polo Servizo de Emerxencias do 112.
Un particular alertaba ao 112 Galicia ás 17.30 horas e desde este centro trasladábase a información ao 061-Urxencias Sanitarias, á Garda Civil de Tráfico, a Protección Civil e ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da Estrada.