Caldas de Reis quere crear un grupo de colaboradores de Protección Civil
Por Oskar Viéitez
O Concello de Caldas de Reis e a agrupación de voluntarios de Protección Civil queren poñer en marcha un grupo de colaboradores aos que recorrer ante episodios como o vivido na noite do 15 de outubro coa vaga de lumes que arrasou preto de 1.500 hectáreas neste municipio.
A proposta é contar en cada parroquia con catro colaboradores que dispoñan de tractor e cuba de 3.000 litros de capacidade e que estarían ás ordes e coordinación de Protección Civil para dar apoio loxístico á Consellería do Medio Rural. Búscase unha mobilidade loxística de polo menos 10.000 litros establecendo puntos de abastecemento.
"Non buscamos substituto de ninguén senón brindar o máximo apoio aos bombeiros forestais e apoiar con todo o que estea na nosa man", puntualizou o xefe de protección civil, José Sieiro.
Pola súa banda o alcalde, Juan Manuel Rey sinalou que "o concello está disposto a dar todo o apoio os veciños neste proxecto que aumenta a nosa resiliencia en materia de protección civil y a ter en conta os gastos na fórmula máis axeitada e correspondente".
Tanto Rey como Sieiro lembraron que en febreiro solicitouse o apoio da Xunta de Galicia para dotar a Protección Civil na localidade dun camión autobomba de polo menos 3.500 litros, petición que non foi contestada desde o ente autonómico.
Relacionadas:
-
Protección Civil de Caldas estrea páxina web
Por Redacción |
-
Dous novos incendios asolan Armenteira e Caldas
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada