A Deputación programa 25 accións culturais para loitar contra as violencias machistas

© Mónica Patxot

© Mónica Patxot
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, presentou este martes a nova programación de "Mulleres en acción. Violencia Zero 2017-2018" que arrancará o próximo 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
No acto de presentación da terceira edición do programa tivo lugar tamén a última performance desta iniciativa a cargo da artista María Marticorena.
O principal obxectivo do programa, tal e como informou Carmela Silva, é "fomentar entre a cidadanía unha actitude crítica e reflexiva sobre a violencia machista" á vez que se promove e dá visibilidade a artistas galegas, realizando un achegamento á arte contemporánea a través do diálogo con todos os públicos.
O goberno provincial despois do éxito da primeira edición no ano 2015, decidiu impulsar esta iniciativa poñendo en marcha 25 accións ao longo do ano en 25 concellos da provincia con distintas disciplinas artísticas xunto ás performance como foron a danza, o teatro, a música, a poesía e o grafiti.
Para a terceira edición do programa Carmela Silva asegurou que "queremos dar un paso máis" reivindicando a igualdade de xénero e poñendo o foco de atención "no estado actual da problemática da violencia machista no noso país" e por iso prepararon desde este mes ata o mesmo mes do 2018, 25 novas accións que se arrincarán na cidade de Pontevedra.
A presidenta da Deputación destacou que serán "25 accións culturais cargadas de compromiso, de mensaxe, de denuncia, de conviccións, de principios, de valores, de loita pola igualdade e denuncia das violencias".
O obxectivo destas accións, segundo destacou Silva, será o de "berrar, alto e forte, con rabia, para levar á conciencia da sociedade todo o que padecen as mulleres".
Performance Mulleres en Acción #Violencia Zero
© PontevedraViva
Relacionadas:
-
Unha orixinal performance con coliflores escenifica en Cambados a forza das mulleres
Por Redacción |
-
"Somos o 52% da poboación e estamos fartas da desigualdade"
Por Natalia Puga |
-
A Lama conmemora o 25-N cunha ampla programación de actividades
Por Redacción |
-
O programa Violencia Zero chega ao IES de Poio
Por Redacción |
-
A actriz Casilda Alfaro reflexiona en Bueu sobre a violencia machista
Por Redacción |
-
O 8 de marzo reivindícase nos espazos e nos centros de traballo públicos
Por Redacción |