Pontevedra pon a árbore de Nadal
Por Oskar Viéitez
Quedan algunhas semanas para o seu encendido pero non convén chegar apurado á cita así que a empresa encargada afánase estes días na instalación da iluminación do Nadal.
Como sempre, o elemento máis rechamante resulta a árbore da Praza da Ferrería onde este sábado algúns pequenos empolicábanse ás súas saias soñando con rubir ata a estrela da copa.
A colorida iluminación do Nadal avanza polas rúas Michelena e Oliva e nos próximos días estenderase polas vías e prazas máis comerciais da cidade. Polo que se está vendo, os arcos de luces repiten motivos tradicionais.
Un ano máis, as luces volverán ser respectuosas co medio ambiente e consumirán menos grazas á súa eficiencia enerxética.
O ano pasado o encendido tivo lugar o día 2 de decembro.