Campaña veciñal de recollida de firmas para evitar a dirección única na subida da Caeira
Por Oskar Viéitez
A plataforma Change canaliza na internet unha campaña de recollida de sinaturas impulsada polos veciños para evitar a dirección única na subida da Caeira.
O goberno local proxecta a humanización das rúas Pernas Pena, Mato Calderón e a Praza Riestra que contempla unha ampliación das beirarrúas reducindo o espazo da calzada o que implica a eliminación dun dos carrís e a consecuente modificación na circulación rodada nesta zona ao eliminar o dobre sentido.
O Concello de Poio previu testear estes cambios durante un tempo para comprobar o seu funcionamento.
A recollida de sinaturas posta en marcha por Óscar Ponte diríxese aos veciños das rúas Río Lerez, Río Sil, Río Umia, Río Oitaven e Rio Ulla.