Cuntis, Caldas e Moraña repartirán 392.000 euros polo encoro
Por Redacción
Unha cantidade máxima de 392.535 euros. É o que destinará Augas de Galicia para financiar actuacións de carácter educativo, cultural e de asistencia social nos concellos de Cuntis, Caldas de Reis e Moraña. É unha compensación pola construción, no seu día, do encoro do Umia.
Augas de Galicia asinará un convenio anual coa Deputación de Pontevedra e os tres concellos implicados, para cumprir a concesión administrativa para a explotación como aproveitamento hidroeléctrico da presa de Caldas.
A repartición desta cantidade executarase a partes iguais entre os tres municipios, resultando a cada concello un total de 130.845,26 euros. Financiarán actividades realizadas desde o 1 de xaneiro de este ano.
Este convenio establecerá, ademais, as bases que rexerán a cooperación técnica e económica entre as citadas administracións respecto a este canon.
A presa de Caldas, que abastece os concellos de Portas, Vilagarcía e Caldas e o sistema do Salnés, cumpre segundo a Xunta unha dobre función: regular o abastecemento e xestionar o caudal en tempo de choivas, o que permite un maior control no caso das inundacións.