Xesús Vázquez defende a necesidade dunha nova lei educativa porque "o sistema non ven funcionando"
Por Natalia Puga
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, defendeu este venres en Pontevedra a necesidade da nova lei educativa que está tramitando o Goberno estatal para "dar cambio a algo que é algo latente na sociedade española, o sistema educativo non ven funcionando".
En defensa da Lomce ou Lei Wert sinalou que "tanto a LOGSE como a LOE loe demostraron que non son capaces de combater indicadores ou de loitar con certas deficiencias, recoñecendo tamén aspectos postivos dentro do sistema educaitvo español acadados nos últimos 30 anos". E incidiu que a nova norma sería "a primeira do PP", pois "ata o momento todas foron sempre políticas educativas de índole socialista".
En relación ás protestas que xa hai convocadas por toda España en contra da nova lei, trasmitiu o seu "respeto ás manifestacións e as folgas. Todo o mundo ten dereito a expresar a súa opinión".
O conselleiro tamén se referiu á aposta que se está a facer dende a Consellería de Educación pola formación profesional, xa que "levamos preto de 70 ciclos adaptados á LOU e seguimos traballando poñendo en marcha novos centros integrados e ciclos. Ademais, "esperamos de cara a setembro dar pasos significativos na Formación Profesional Dual".
En relación coas deficiencias do sistema educativo, sinalou que "está claro que temos un problema. Á mocidade non lle estamos dando unha resposta de cara a esa empregabilidade. Unido a unha situación de crise, fai que moitos dos nosos mozos, como uninca resposta, teñan que tratar de atopar un traballo fora da nosa comunidade".
INAUGURACIÿN DE EDUGAL
Xesús Vázquez realizou estas declaracións aos medios de comunicación á súa chegada ao acto de inauguración do II Salón de Oferta de Educación e Formación de Galicia, Edugal no Recinto Ferial de Ponteveda. No acto salientou o papel decisivo do profesorado e dos centros educativos, "entregados á mellora da calidade do ensino" como "apoio imprescindible e sostén necesario para o correcto funcionamento do noso sistema educativo".
O conselleiro estivo acompañado polo director de Edugal, Eduardo Barros, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, a deputada provincial Ana Isabel Vázquez e a concelleira de Promoción Económica de Pontevedra, Carlota Román, e deu paso a unha programación de tres días nos que os visitantes poderán informarse en 40 stands con toda a oferta formativa que se está a impartir en Galicia e e mesmo en Portugal.
A conselleira Carlota Román valorou que con iniciativas como Edugal "feira de ensino e Pontevedra empezan a ser sinónimos e iso é unha boa nova" e anunciou que dende a área que dirixe se vai a seguir apostando por fomentar a prograación feiral no municipio.