Persoal de enfermaría do Hospital Montecelo felicita as festas
Por Redacción
O plantel de enfermaría do Hospital Montecelo puxo en marcha varias iniciativas para celebrar estas festas no centro hospitalario. Así, o persoal de consultas externas emprendeu a campaña "Nadal con mensaxe", mediante a cal os pacientes, profesionais e usuarios poden deixar a súa mensaxe de Nadal e os seus desexos para Aninovo en árbores realizadas con fíos de la.
En total, hai colocados cinco árbores na planta de consultas para adultos e unha para os pacientes pediátricos, na que os pequenos poden colgar os debuxos que realizan na sala de espera.
Por outra banda, na quinta planta do hospital, o persoal de enfermaría do servizo de cirurxía animouse a decorar a unidade con motivos de Nadal feitos a man e a empregalo como escenario para a gravación dun vídeo no que os pacientes ostomizados teñen un papel protagonista.
Cun brindis e cunha canción interpretada polos profesionais, desexaron ao resto de persoal un bo Nadal e feliz 2018.