Tres novos accidentes constatan o perigo da N-640 en Cuntis
Por Redacción
O Concello de Cuntis reclama ante o Ministerio de Fomento, unha vez máis, a mellora da estrada N-640.
Nas últimas horas rexistráronse tres novos accidentes, todos eles saídas de vía, e todos nas perigosas curvas de Castro Loureiro.
Afortunadamente non se rexistraron danos persoais en ningún dos sinistros.
O goberno local cuntiense insiste na necesidade de mellorar o trazado e a seguridade neste viario.