Pequenos incidentes preludian a chegada de "Bruno"
Por Oskar Viéitez
Unha fronte moi activa, asociado a unha borrasca, atravesa a comunidade galega durante este día de Nadal deixando algunha pequenas incidencia que son un preludio dunha profunda borrasca baixo o nome de "Bruno" que se aproxima desde o Atlántico ata as nosas costas.
De feito Meteogalicia lanzou un aviso por alerta amarela na costa, especialmente no norte galego por fortes ventos e forte ondada, especialmente no noroeste e A Mariña.
Durante este luns xa se rexistraron refachos de vento de ata cen quilómetros por hora en Punta Candieira, en Cedeira, e no radar meteorolóxico de Monte Xesteiras, en Cuntis
Nestas horas previas o Concello de Sanxenxo informou dunha intervención do Servizo de Emerxencias e os Bombeiros do Salnés para retirar as pezas da cuberta dun edificio da rúa Progreso.
En Cambados, a agrupación de Protección Civil informou do incendio no cableado da rúa Castelao e tamén tiveron que retirar un adorno do Nadal que se desprendeu na rúa Narciso Pérez.