Jorge González Veiga xa exerce como xefe da comandancia de Pontevedra
Por Redacción
O coronel Jorge González Veiga tomou posesión como novo xefe da comandancia da Garda Civil en Pontevedra. Así o anunciou a Delegación do Goberno en Galicia.
González Veiga foi recibido este mércores polo titular desta institución, Santiago Villanueva, que lle desexou o maior dos éxitos na súa nova etapa.
O novo xefe da comandancia, que substitúe a Miguel Estévez, é natural de Outeiro de Rei (Lugo). Chega procedente da Consellería de Interior da embaixada de España de Chile, e previamente desenvolveu a súa carreira nas comandancias da Coruña e Xixón, entre outras.
No currículo de Jorge González Veiga figuran numerosos distintivos e méritos, entre os que destacan a Cruz ao Mérito Carabineiros de Chile, a Cruz do Mérito Militar con distintivo branco ou a Placa da Real e Militar Orde de San Hermenegildo.
Relacionadas:
-
Prevención e investigación, eixos que vai impulsar o novo coronel da Garda Civil
Por Natalia Puga |
-
Coronel González, novo xefe da Garda Civil: "Me dejan una unidad en perfecto estado de revista"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O Belén volve á Comandancia grazas ao xesto altruísta dun ex garda civil
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A App de alertas de seguridade Alertcops, un 2018 con nova versión e o reto de seguir crecendo
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
RADIO.- "A Garda Civil é a institución máis valorada de España, sempre nos sentimos apoiados"
Por Marisa Ciordia |
-
Miguel Estévez, coronel xefe da Garda Civil: "Me partió el corazón el monstruo de Moraña que asesinó a sus dos niñas"
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |