VÍDEO.- Así arde a iluminación de Nadal
Por Redacción
A rúa Benito Corbal acumula dous días seguidos de pequenos sustos asociados á iluminación de Nadal instalada na vía pública. Tanto este venres como este sábado foi necesario que acudisen á zona efectivos do Corpo de Bombeiros e da Policía Local por incidencias de seguridade ao redor das luces.
A máis rechamante foi a intervención deste sábado. A media tarde, os Bombeiros foron alertados polos veciños -moi numerosos a esa hora na rúa máis comercial da cidade- porque estaba a arder un dos arcos de luces con motivos do Nadal.
Do arco saían faíscas nun pequeno incendio que se pode comprobar no vídeo que acompaña esta información. Ardían, en concreto, un pequeno tramo de luces Led.
A intervención dos bombeiros foi rápida, pois tan só foi necesario desconectar unhas fichas de electricidade para evitar que chegue energia ás pezas afectadas, segundo a información facilitada polo propio parque.
Relacionadas:
-
O Concello "abrirá a man" para aumentar o "insuficiente" gasto nas luces de Nadal
Por Alejandro Espiño |
-
Unha empresa de Barro porá luz ao Entroido de Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Os populares denuncian a "desastrosa imaxe" amosada con relación ao alumeado do Nadal
Por Redacción |
-
Crece o "descontento" do Concello coa empresa da iluminación de Nadal
Por Alejandro Espiño |