Rajoy celebra o aninovo na Ruta da Pedra e da Auga
Por Redacción
Nin a choiva nin o frío destas primeiras horas de 2018 impediron que o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, celebrase o ano novo cumprindo cunha das tradicións que máis lle gusta durante as súas vacacións: pasear pola Ruta da Pedra e da Auga.
Este sendeiro, que discorre entre os municipios de Ribadumia e Meis, volveu a ser o lugar elixido por Rajoy para realizar os seus exercicios habituais, tras varios días de descanso en Sanxenxo.
Nesta ocasión estivo acompañado de José Benito Suárez Costa, presidente da Autoridade Portuaria de Marín, e de Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta de Galicia.
Baixo a choiva, o presidente do Goberno paseou pola ruta á primeira hora da mañá. Tanto el como os seus acompañantes vestían roupa deportiva e ían ben protexidos para afrontar as malas condicións climatolóxicas.
Iso si, tiveron tempo para pousar ante a cámara e facer un selfie que o propio Mariano Rajoy colgou na súa conta de Twitter.
Ademais de pasar o Nadal en familia, Mariano Rajoy está a aproveitar a súa presenza en Galicia para protagonizar diferentes actos públicos. Tras inaugurar a ampliación da ponte de Rande, o presidente fará o propio o vindeiro mércores 4 de xaneiro coas obras realizadas no tramo da AP-9 que circunvala a cidade de Santiago de Compostela.
Relacionadas:
-
Alfonso Rueda e Mariano Rajoy manteñen a súa andaina tradicional da Ruta da Pedra e da Auga
Por Redacción |
-
Rajoy recupera as súas camiñadas polas Rías Baixas e pasea polas praias de Marín con Rueda e Ramallo
Por Redacción |
-
A Deputación mellorará a estrada que conecta Ribadumia coa Ruta da Pedra e da Auga
Por Redacción |
-
Rajoy, fin de ano en Sanxenxo, con polémica en Twitter incorporada
Por Redacción |
-
A ampliación da ponte de Rande entra en servizo entre autoridades e protestas
Por Natalia Puga |
-
Rajoy: "No sé por qué le han quitado la calle a Salvador Moreno. Yo la sigo llamando así"
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada