A choiva toma posicións e acompañará aos Reis Magos na súa visita ás Rías Baixas
Por Redacción
O mal tempo e as choivas persistentes tomaron posicións nas Rías Baixas e non parecen ter intencións de dar paso aos ceos despexados a curto prazo. De cara a este xoves e venres agárdase unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros e precipitacións todos os días.
A situación, segundo as previsións de Meteogalicia, continuará durante toda a fin de semana, de tal maneira que durante todo o tempo que dure a presenza dos Reis Magos na comarca terán que usar o paraugas. Para a noite de Reis, do venres ao sábado, agárdanse precipitacións intensas que puideran influír na actividade as súas maxestades de Oriente.
En canto ás temperaturas, serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas en descenso notable e máximas en descenso moderado. O sábado 6 de xaneiro será a xornada de máis frío, ao estar previsto que os termómetros baixen ata mínimas de 3 graos e non acaden máximas de máis de 9 en Pontevedra.
Xa a partir do domingo, a situación meteorolóxica virá marcada polos ventos de compoñente norte que traerán unha masa de aire frío. Así, a probabilidade de chuvia tipo chuvasco será alta en xeral, con maior descenso das temperaturas. A partir do martes, volven os ventos de compoñente sur, que deixarán temperaturas máis cálidas e, de novo, choivas.
Relacionadas:
-
Os Reis Magos chegarán a Ponte Caldelas cun festival a cuberto da choiva
Por Redacción |
-
Grazas aos cómplices dos Reis Magos todos os nenos do concello terán agasallo
Por Redacción |
-
Os Reis chegan a Poio en coches clásicos
Por Redacción |
-
Así será a axenda dos Reis Magos en Pontevedra
Por Oskar Viéitez |