Unha sucesión de frontes borrascosas asegura choiva a partir do martes
Por Redacción
Tardou en chegar, pero agora colleulle gusto ás Rías Baixas e acompañaranos, polo menos, durante a próxima semana.
As choivas serán as protagonistas da segunda semana do ano, segundo as previsións que manexa Meteogalicia.
Salvo a xornada do luns, na que se esperan nubes e claros e posibilidade dalgunha precipitación illada, os chuvascos serán xeneralizados o resto da semana debido a unha sucesión de frontes borrascosas.
Estes chuvascos poderán ser máis intensos durante a mañá do martes.
En canto ás temperaturas, deixaranse atrás as xornadas de tempo frío debido a un ascenso moderado, especialmente das mínimas que chegarán o mércores ata os 9 graos, mentres que as máximas roldarán os 14 graos durante toda a semana.