Un de cada cen vehículos rexistrados polo radar da Policía Local foi multado por velocidade
Por Alejandro Espiño
Só 40 denuncias dos 3.856 vehículos que foron rexistrados. É o balance da campaña de control de velocidade que a Policía Local realizou co seu novo radar durante os días 28 de novembro e 8 de decembro. É un 1,03% de todos os coches contabilizados.
Os controis de velocidade fixéronse en distintos puntos da cidade como San Amaro, Bos Aires, avenida de Lugo, avenida Montecelo, avenida Josefina Arruti, avenida de Marín, avenida das Corbaceiras ou avenida de Compostela.
As que rexistraron un maior número de denuncias foron a avenida de Josefina Arruti (11), limitada a 30 quilómetros por hora, e a avenida de Compostela (13) limitada a 50, onde se teñen rexistrado velocidades máximas de 69 e 88 quilómetros á hora, respectivamente.
O novo radar da Policía Local é un equipo Velolaser 1.0 que mide a velocidade de circulación e documenta por fotografía aqueles vehículos que superan o límite. Está deseñado para medir en modo estático ben sexa cun operador (trípode, soporte ou coche) ou de forma non atendida, é dicir, nunha cabina dun vehículo.
Consta de carcasa, cámara dixital de 5 megapíxeles, sensor láser, CPU e batería. Ademais, para manexalo disponse dunha tablet que se conecta mediante wifi a unha aplicación de control remoto.
Esta nova ferramenta dálle autonomía á Policía Local, dado que nas campañas deste tipo que teñen desenvolvido no pasado, tivo que facer uso dun equipo prestado pola Dirección Xeral de Tráfico.
Relacionadas:
-
300 euros e dous puntos do carné ao ser detectado polo Velolaser a 62 km/h nunha zona limitada a 30
Por Redacción |
-
O Velolaser, á caza de acelerados a partir deste martes 13
Por Mónica Patxot & Redacción |
-
A Policía Local de Pontevedra inicia unha campaña de control de velocidade
Por Oskar Viéitez |
-
A Policía Local súmase durante a próxima semana á campaña de control de velocidade da DXT
Por Redacción |
-
Chegan as primeiras multas do novo radar da Policía Local por superar os 30 por hora
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O vindeiro martes a Policía Local empezará a usar o seu novo radar
Por Oskar Viéitez |
-
A Policía Local estreará nos vindeiros días un novo radar de control de velocidade
Por Redacción |