O PSOE asegura que un informe do interventor da Deputación "demostra a mala xestión" de Louzán
Por Oskar Viéitez
A reunión da Executiva provincial do PSdeG de Pontevedra criticou este mércores que o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, aínda non convocase o pleno ordinario do mes de marzo, "posiblemente o adiamento deste pleno débase a que non quere tratar o informe do interventor referido ás contas do 2012".
Segundo revelou o secretario provincial do PSdeG de Pontevedra, Santos Héctor, este informe do interventor "demostra a mala xestión da Deputación" xa que o goberno provincial "elaborou o pasado ano uns orzamentos a sabiendas de que non os ía a cumprir".
Santos Héctor asegurou que hai 50 millóns de euros máis de gastos que de ingresos
Santos Héctor asegurou que hai 50 millóns de euros máis de gastos que de ingresos "un desfase que solucionaron recorrendo a 69 millóns de euros de remanentes" que deixaron de executar e tamén "comprometendo obras que non se realizaron", declarou.
O portavoz socialista indicou que en canto a subvencións destinadas a distintos colectivos "só se destinaron 18,5 millóns dos 25,5 que estaban presupostados" e no capítulo dos investimentos de obras "só executaron 55,7 millóns de euros dos 124,8 previstos".
"Á vista está que así calquera cadra un orzamento", sinalou o mandatario socialista "e aínda así hai un desequilibrio de 50 millóns de euros".
Pero non todo foron críticas á xestión do presidente da Deputación pontevedresa, Santos Héctor tamén tivo palabras de agradecimiento a Louzán porque "malia que o Plan de emprego provincial segue sendo algo escuro" os socialistas celebran que a diferenza de anteriores convocatorias este ano sexan os Concellos beneficiarios do Plan os que contraten aos traballadores "saudamos positivamente este cambio, era o que nós viñamos demandando", dixo.
Preferentes: "o único que pretende Louzán é desviar a atención e mentirlle a estes estafados"
Por outra banda, a Executiva socialista mostrou o seu rexeitamento ás declaracións do presidente provincial do Partido Popular, Rafael Louzán, nas que "pretende culpabilizar aos partidos da oposición das mobilizacións dos aforradores estafados das preferentes", segundo dixo o secretario provincial do PSdeG de Pontevedra "o único que pretende Louzán é desviar a atención e mentirlle a estes estafados".
Así mesmo os socialistas criticaron a postura dos populares respecto des persoas vítimas dos desafiuzamentos "vemos que lonxe de darlles unha solución trátanos de criminalizar", sinalou Santos Héctor que recordou que o PSdeG aposta pola solución que a Xunta de Andalucía que ten promovido un Decreto Lei en materia que pode chegar a expropiar o uso (non a propiedade) daquelas vivendas en proceso de desafiuzamento que vaian parar a mans da entidade financeira.
En canto a outras cuestións orgánicas Santos Héctor referiuse ao proceso precongresual que viven os socialistas galegos para dicir que "estamos no proceso de ver quen se presentan e que formulacións fan, aínda é pronto para situarse porque aínda se teñen que celebrar asembleas e demais", sinalou.