Jorge Cubela estréase como vogal da xunta directiva nacional do PP
Por Redacción
O alcalde de Cerdedo-Cotobade e presidente local do PP no municipio, Jorge Cubela, estreouse este luns nun novo debido a que lle fai sentir "todo un orgullo" e reportoulle unha "grata experiencia". Asistiu á súa primeira reunión da xunta directiva nacional do PP en Madrid.
Cubela incorporouse como vogal da xunta directiva nacional do seu partido en representación de Novas Xeracións. A súa incorporación barallábase desde o pasado mes de outubro, pero finalmente foi convocado o mércores pasado e este luns desprazouse a Madrid para asistir á primeira reunión.
Tras a súa participación na primeira reunión, destacou que para el é unha honra poder formar parte dun dos principais órganos do partido e que a experiencia resultou moi interesante e "un recoñecemento á miña pequena traxectoria" na política no PP, partido co que entrou de cheo na primeira liña no ano 2011 ao ser elixido alcalde de Cotobade con maioría absoluta.
"Moi orgulloso" por poder formar parte dunha reunión da que habitulamente tan só pode ler as referencias nos medios de comunicación, Cubela destacou tamén que tivo a oportunidade de saudar ao presidente do Goberno e do seu partido, Mariano Rajoy. O mandatario, segundo indicou, preguntoulle polo proceso de fusión entre Cerdedo e Cotobade.
Entre outras cuestións das que sente orgullos, destaca que puido "ver en persoa" como se debaten asuntos importantes sobre a situación política nacional.