Autorizado o gasto de 98.000 euros para demoler un edificio en Raxó
Por Redacción
Despois de 14 anos o edificio da Piolla, situado na Avenida da Toxa de Raxó, ten os días contados.
A Axencia da Protección da Legalidade Urbanística (APLU) confía en efectuar o derrubamento desta vistosa estrutura antes de final de ano. Para iso licitará as obras nas próximas semanas despois de autorizar unha partida presupostaria de pouco máis de 98.000 euros ante o incumplimento voluntario por parte do dono da orde de demolición ditada en xullo de 2011, onde se declaraban ilegalizables as obras executadas nos terreos ao ser cualificados como zona verde.
Nesa resolución ordenouse ao propietario a reposición da zona afectada ao seu estado anterior ao inicio da construción co apercibimento da súa execución forzosa en caso de inclumplimiento da orde.
A APLU, ante a falta de vontade do propietario, realizará a demolición de xeito subsidiario, polo que os custos lle serán remitidos ao dono da propiedade.