Educación envía diversas publicacións aos centros de ensino para incorporar ás bibliotecas escolares
Por Redacción
A Concellaría de Educación vén de entregar ás bibliotecas dos centros de ensino da cidade un lote de libros para fomento e divulgación da cultura.
Os títulos escollidos, tanto para Primaria como para Secundaria, pretenden abrir debate que contribúan a construír unha educación de calidade, xusta e equitativa, tal e como recolle a carta da concelleira Carmen Fouces que acompañaba o lote de publicacións.
A Secundaria enviáronselle os seguintes títulos:
- Invisibles. Relatos do maltrato. Montse Fajardo.
- Sapos e sereas. Ana Cabaleiro.
- 22 segundos. Eva Mejuto.
- Meiga nova, metade anxo, metade marisco. Pequeña biografía de Maruja Mallo. Enrique Mauricio e Carlos Taboada.
- Unha historia de amor. Pequeña biografía de María Victoria Moreno. Joanna Lorenzo Montero e Tania Solla.
- Semente de igualdade, semente de liberdade. Pequeña biografía de Ernestina Otero. Enrique Mauricio e Carlos Taboada.
En Primaria os libros enviados foron tamén Meiga nova, metade anxo, metade marisco. Pequena biografía de Maruja Mallo, Unha historia de amor. Pequena
biografía de María Victoria Moreno e Semente de igualdade, semente de liberdade. Pequena biografía de Ernestina Otero. Ademáis:
- Máis aló do azul e do rosa. Ana Torres Jack.
- De paseo con Helena, Cristina Corral Soilán.
- Marisé e o loro Ravachol. María Fanjul González.