O conxunto arqueolóxico de Valentín García Escudero estrea paneis informativos
Por Redacción
Catro paneis informativos que explican os restos que se poden contemplar na zona. É a instalación que vén de completar o goberno municipal para avanzar na musealización do conxunto arqueolóxico ao aire libre da praza Valentín García Escudero.
Están colocados nas ventás de vidro que se instalaron na última mellora que se fixo neste ámbito, para facilitar a observación das ruínas.
Trátase de catro vinilos transparentes situados en distintos puntos do espazo e que reproducen os achados que o visitante pode contemplar in situ. A información está dispoñible en galego e en inglés.
Están reflexados, polo tanto, os restos da ponte medieval do século XII, a muralla moderna do século XVI e o dique portuario do século XV.