Frío intenso, vento e chuvascos na semana previa ao Entroido
Nun ambiente de nubes e claros, o mes de febreiro comeza con frío pero sen choiva, que dará un respiro ata o xoves pola noite, con mínimas que irán descendendo progresivamente acadando os dous graos. En canto á predición a medio prazo, persiste a entrada de aire frío desde o norte, o que traerá temperaturas invernais e probabilidade de chuvascos moi elevada durante a fin de semana de Entroido, especialmente no terzo norte.
O martes 6 a previsión estará marcada por ventos de compoñente norte que ocasionarán temperaturas baixas. Espéranse ceos con nubes e claros e temperaturas que non superarán os 11 graos.
Durante o mércores 7, alternancia de nubes e claros, con temperaturas mínimas que subirán ata os 3 graos aínda que persisten as xeadas. O vento do norte seguirá soprando nas Rías Baixas aínda que de forma máis moderada nas primeiras horas da mañá.
Unha fronte de choivas chegará o xoves 8 pola noite, unha xornada de transición na que os ceos manteranse parcialmente nubrados ao longo do día. As temperaturas mínimas continuarán sen cambios e as máximas sufrirán un lixeiro ascenso.
En canto á predición a medio prazo, segundo Meteogalicia será unha fin de semana pasada por auga, con precipitacións durante as xornadas de venres 9 e domingo 10. O vento non dará tregua e seguirá traendo aire moi frío do norte. En canto ás temperaturas, tanto mínimas como máximas elevaranse con respecto aos primeiros días da semana, situándose entre os 7 e os 14 grados respectivamente.