Ferido o condutor dun coche que chocou contra un muro en Marcón e acabou calcinado
Por Redacción
Un home resultou ferido na noite deste sábado tras sufrir un accidente de tráfico na parroquia pontevedresa de Marcón. Trátase do condutor dun turismo que, por causas que se descoñecen, chocou contra un muro e, a continuación, o vehículo empezou a arder.
Segundo informou o Centro Integrado de Atención de Emerxencias de Galicia 112, o accidente produciuse ás 23.40 horas deste sábado no lugar da Ermida.
O condutor estaba fóra do vehículo cando comezou a arder, pero, de todos os xeitos, necesitou asistencia médica, polo que os xestores do CIAE 112 Galicia pediron a colaboración dos profesionais das 061-Urxencias Sanitarias.
Tamén foron informados os Bombeiros de Pontevedra, que acudiron ao lugar para sufocar o incendio provocado polo vehículo, que resultou completamente calcinado.