Amigos de Galicia e Cerdedo-Cotobade seguirán axudando a familias con necesidades
Por Redacción
Jorge Cubela, presidente de Cerdedo-Cotobade e Jesús Busto, director xeral da Fundación Amigos de Galicia, asinaron durante as últimas horas un convenio de colaboración para continuar co Plan Integral de Loita contra a pobreza e a exclusión social.
O convenio permitirá seguir atendendo a familias que se atopan en situación de dificultade económica. Durante 2017, a Fundación Amigos de Galicia, atendeu en Cerdedo-Cotobade, en colaboración cos servizos sociais do Concello, a 21 familias que estaban en risco de exclusión.
A axuda céntrase en cubrir as necesidades básicas mediante unha repartición mensual de alimentos, roupa, produtos de hixiene e limpeza, mobiliario, entre outros materiais. Desta forma satisfanse as necesidades máis elementais das familias, sobre todo, no caso de que conten con menores ao seu cargo.
En 2017, a Fundación Amigos de Galicia investiu 19.706 euros en Cerdedo-Cotobade, dos que o Concello achegou 3.000 euros.