Comezan as obras na Casa de Cultura de Seixo
Por Redacción
Esta semana comezaron as obras de mantemento da Casa de Cultura de Seixo, coa fin de mellorar as instalacións e potenciar o seu funcionamento.
Ademais da pintura interior do edificio e de todas as salas, se está facendo a limpeza do tellado e da fachada mediante auga a presión e aplicación de hidrófugo.
Tamén se lacarán as reixas exteriores, tratarase a madeira do balcón e substituirase o cristal laminado da entrada.
Estas obras coinciden coas obras na Alameda de Seixo, moi demandadas pola veciñanza.