Marín recibirá máis de 400.000 euros da Deputación para obras e emprego
Por Oskar Viéitez
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar varias achegas económicas para o Concello de Marín por un valor total de 405.699,83 euros.
Por unha banda, a administración provincial aprobou a sexta relación de concellos que se van beneficiar das achegas da liña 3, para o fomento do emprego para a conservación e funcionamento de bens e servizos municipais, do Plan Concellos 2018.
Así, tal e como informou a presidenta da institución provincial, Carmela Silva, Marín é unha das vilas que van recibir estas achegas.
Máis polo miúdo, Marín recibirá 106.004,16 euros para contratar a 16 persoas para desempeñar tarefas relacionadas coas obras públicas e conserxería.
Este ano, a liña 3 do Plan Concellos está dotada de 9.540.000 euros, é dicir, un 2,5% máis que no 2017.
A estes cartos hai que sumar preto de 299.695,67 euros para realizar obras de acondicionamento no recinto das piscinas municipais ao abeiro da liña 1, de investimentos, do Plan Concellos 2018-2019.
Carmela Silva sinalou que con esta nova achega, Marín xa ten recibido da Deputación de Pontevedra o 22,9% do total do investimento que lle corresponde dentro do Plan Concellos 2018-2019, que este ano pon a disposición da vila 1.771.748,31 euros, un 72,49% máis que en 2017.
Relacionadas:
-
Inician os traballos de mellora dos accesos á piscina municipal de Marín
Por Redacción |
-
A Deputación comeza a liberar fondos da liña 2 do Plan Concellos
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas incorporará 10 operarios ás súas brigadas
Por Redacción |
-
Marín inviste medio millón de euros en obras públicas
Por Oskar Viéitez |
-
Marín aproba en pleno os pregos que regulan a nova concesión da piscina municipal
Por Oskar Viéitez |