Sanxenxo superou o novecentas mil pernoitas hostaleiras en 2017
Por Redacción
Segundo o Instituto Nacional de Estatística, en 2017 Sanxenxo sumou 912.948 pernoitas entre os 167 hoteis, que inclúe pensións, casas rurais e hoteis dunha a catro estrelas. Esta cifra non inclúe os datos de ocupación de cámpings, nin o aluguer de apartamentos, nin as vivendas de uso turístico, que, xunto ás prazas hostaleiras, suman unha oferta de aloxamentos en Sanxenxo que supera as 20.000 prazas.
Sanxenxo é a localidade de Galicia que ten máis prazas hostaleiras, con 8.941 repartidas en 167 hoteis. Isto constata o peso turístico do municipio, non só a nivel galego, senón tamén a nivel nacional. Séguelle Santiago de Compostela, con 7.983 prazas hostaleiras, en 177 hoteis, A Coruña con 5.226 prazas hostaleiras en 66 hoteis e Vigo con 4.772 prazas hostaleiras en 75 hoteis.
En agosto de 2017, Sanxenxo sumou 261.509 pernoitas en hoteis, seguido de xullo con 202.519, setembro con 117.956, xuño con 100.492 e outubro con 82.105. Este último foi especialmente bo o ano pasado. No lado oposto, están xaneiro e febreiro que sumaron entre os dous pouco máis de vinte mil pernoitas.
Se nos fixamos na media de ocupación hostaleira, iso si, con importantes variacións, segundo o mes do número de hoteis abertos e as prazas dispoñibles, temos:
- Agosto 91% de ocupación, con 167 hoteis abertos e 8.941 prazas.
- Xullo 77% de ocupación, con 160 hoteis abertos e 8.843 prazas.
- Outubro 70% de ocupación, con 48 hoteis abertos e 4.334 prazas.
- Novembro 63% de ocupación, con 14 hoteis abertos e 945 prazas.
- Abril 59% de ocupación, con 53 hoteis abertos e 3.784 prazas.
- Xuño 57% de ocupación, con 96 hoteis abertos e 6.747 camas.
- Setembro 55% de ocupación, 123 hoteis abertos e 7.527 prazas.
Se atendemos aos empregos que xeraron os hoteis ao longo do ano pasado, as diferenzas van das 1.297 persoas contratadas en xullo, as 1.293 persoas en agosto, 1.028 en setembro, 780 en xuño e 586 en outubro.
Os datos das pernoitas de 2017 demostran que en Sanxenxo hai unha tempada alta, durante a que non hai menos de 100 hoteis abertos e que vai de xuño a setembro ambos os meses incluídos. Hai unha tempada media cuns 50 hoteis abertos e que abarca os meses de abril, maio e outubro. E, finalmente, hai unha tempada baixa con menos de 25 hoteis abertos, que inclúe os meses de xaneiro, febreiro, marzo, novembro e decembro.
Relacionadas:
-
Pontevedra e Portugal, unidos polo turismo
Por David Arana |
-
A Deputación constitúe a Mesa do Turismo con representantes do sector público e privado
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Telmo Martín retoma cos veciños o proxecto de senda fluvial ao longo do río Fabaíños
Por Redacción |
-
A Deputación organiza as rutas gratuítas "Camelias e xardíns históricos"
Por Oskar Viéitez |