Choiva, frío e vento para toda a semana
Por Redacción
A previsión de Meteogalicia para esta semana está marcada por unha palabra crave: inestabilidade. A choiva, o frío e o vento disputaranse o protagonismo durante estes sete días nas Rías Baixas.
Os meteorólogos explican que a presenza dun centro de baixas presións situado ao sur das illas británicas e ao oeste de Galicia está a permitir a formación de borrascas atlánticas, xa que o anticiclón está situado ao sur das Canarias e non exerce esta función habitual de bloqueo.
Este luns e o martes o tempo virá marcado pola presenza de aire frío, espéranse ceos parcialmente cubertos con chuvascos probables en calquera punto da comunidade, que ocasionalmente poderán vir acompañados de saraiba e aparello eléctrico. O vento soprará de compoñente oeste, forte no litoral e moderado con refachos fortes no interior.
E para o mércores para partir do mediodía espérase unha nova borrasca con choiva, pero sobre todo, con vento moi forte.
Esta pauta de inestabilidade estenderase para o resto da semana.