UXT denuncia o despedimento de dúas limpadoras para contratar a persoas con discapacidade "para recibir bonificacións"
O sindicato UXT denunciou o despedimento de dúas limpadoras na residencia de maiores da Xunta en Campolongo "sin motivación alguna que lo justifique".
En tan só 15 días que leva a empresa Eleroc Servizos S.L. como adxudicataria do servizo de limpeza, nesta residencia foron despedidas dúas traballadoras do servizo de limpeza e este sindicato cre que "a única razón que se entrevé é a contratación nesas mesmas dúas prazas de persoas con discapacidade e así recibir as bonificacións destas novas contratacións e desta forma incrementar os beneficios".
Nunha rolda de prensa celebrada este mércores na sede de UXT en Pontevedra, o secretario intercomarcal da Federación de Servizos, Isaac Gutiérrez, compareceu acompañado de Irene Pacheco, unha das traballadoras despedidas.
Explicaron que a empresa recoñeceu que foi un despedimento improcedente indemnizándoa como lle corresponde. Por tanto non cuestionan a legalidade do medida pero se a "ética" deste comportamento. Cren que a adxudicataria elixiu ás dúas traballadoras de menos antigüidade para aforrarse diñeiro no despedimento.
Isaac Gutiérrez explicou que o servizo de limpeza conta cun persoal de cinco traballadoras que están "asustadas por lo que les pueda pasar de cara al futuro" polo que sopesan mobilizarse.
Relacionadas:
-
Protesta contra as condicións laborais do servizo de limpeza na residencia de Campolongo
Por Redacción |
-
Cidadáns pedirá ao Concello que esixa á Xunta a mellora do centro de maiores de Campolongo
Por Redacción |
-
O BNG leva ao Parlamento as demandas do comité de empresa da residencia de Campolongo
Por Oskar Viéitez |
-
Denuncian deficiencias e falta de persoal no Centro de Maiores de Campolongo
Por Redacción |