A primavera inunda os escaparates pontevedreses, cal será o mellor?
Por Redacción
Volve o concurso de escaparates para os comercios de Pontevedra. Un total de 45 establecementos participan nesta terceira andaina do concurso, que se está a celebrar entre os días 15 e 30 deste mes de abril baixo o lema 'ÿ primavera. Por fin vai saír o Sol'. ÿ unha participación moi similar á da última edición, celebrada o pasado Nadal.
A primavera e o cambio do tempo é o eixe temático desta terceira edición. Con esa premisa, o xurado comezou este xoves a súa rolda de visitas aos establecementos participantes. Foi a quenda dos locais situados na Zona Monumental cunha ruta que comezou na praza de Méndez Núñez e rematou na rúa de Michelena. O venres tocaralle aos do centro da cidade.
O concurso, concibido para dinamizar a actividade comercial na cidade, pretende xogar co concepto da mellora do tempo e o remate do inverno para animar aos consumidores. O fallo darase a coñecer o próximo 2 de maio. Os tres gañadores da iniciativa obterán premios económicos de 500, 300 e 200 euros.
Aínda que os premios do concurso corresponden á decisión dun xurado, ten tamén un apartado dirixido ao público, posto que os clientes dos 45 locais participantes poderán depositar as papeletas de compra que lle entregarán nos comercios participantes con vistas a un sorteo. A urna estará habilitada na Casa da Luz. Sortearanse 10 cheques-compra por valor de 20 euros.
Carlota Román destacou que con esta iniciativa, o Concello de Pontevedra anima aos comerciantes a entender que o escaparate debe actuar como reclamo, a animar ao cliente a entrar no establecemento e, a partir de aí, "xa corresponde ao comerciante xogar a carta da súa habilidade e profesionalidade".