Meis homenaxea ás mulleres emigrantes
Por Redacción
O Auditorio Municipal de Meis acolleu este sábado unha xornada moi especial, enmarcada dentro da programación polo Día Internacional da Muller.
Mediante un pequeno acto o Concello quixo homenaxear ás mulleres emigrantes, aquelas que tiveron que abandonar a súa casa en tempo difíciles para lograr saír adiante.
O acto consistiu nun concerto da Banda de Música da Vertula de Meis acompañada polas voces de Mercedes e Vanessa Tilve e dos bailaríns Eva Lede, Bea Villar e Fran Ascanio.
Ao seu termo a concelleira Ofelia Barral entregou uns agasallos de recoñecemento a todas as "mulleres valentes que tiveron que deixar atrás as súas raíces e aos seus seres queridos".