Sanxenxo mellorará os accesos ás praias de Bascuas e Pragueira
Por Redacción
O goberno municipal de Sanxenxo deu orde para reformar os accesos a dúas das praias máis concorridas do concello, as de Bascuas e Pragueira. Investiranse 108.000 euros, que serán financiados con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.
O acceso á praia de Bascuas, debido ao tránsito soportado, á instalación dos servizos urbanos e, maioritariamente, á súa antigüidade, atópase nun estado de considerable deterioración, coa capa de rodaxe gretada e con importantes roturas no pavimento.
A actuación neste viario consistirá basicamente na roza e limpeza de cunetas e marxes, a apertura dunha caixa para o ensanche da plataforma e posterior regularización do firme. E, para terminar, a dotación de zahorra artificial e dunha capa de rodaxe en quente.
A obra, que se estenderá ao longo de 400 metros, ten un orzamento que ascende a 53.100 euros e o prazo de execución será dun mes.
Na mesma situación que o anterior viario atópase o acceso á praia de Pragueira.
Nel, levarase a cabo a roza e limpeza de beiravías e marxes, a mellora da recollida de augas pluviais e a apertura dunha caixa na plataforma existente. Posteriormente, farase unha regularización do firme e dotarase ao viario dunha capa de zahorra artificial e dunha capa de rodaxe en quente. Tamén se instalará a sinalización horizontal correspondente.
O orzamento de execución dos 600 metros aproximados de obra, ascende a 55.200 euros.
Relacionadas:
-
Xa foron eliminados 30 postes da luz entre as praias de Pragueira e A Lanzada
Por Redacción |
-
Asfaltan o acceso á praia de Bascuas
Por Oskar Viéitez |
-
A actuación no vial de Caneliñas está a piques de terminar
Por Redacción |
-
Eliminar as verteduras en Caneliñas, paso imprescindible para recuperar a bandeira azul
Por Redacción |
-
Seis praias de Sanxenxo contarán con novos módulos de salvamento e aseos
Por Redacción |