A relixión non enche os hoteis de Pontevedra, o deporte si
Por Oskar Viéitez
Os hoteis pontevedreses manexan moi boas cifras de ocupación para os próximos días grazas á chegada á cidade de preto de 1.300 deportistas para participar en tres eventos de consideración.
O primeiro deles será o Campionato de España Escolar e Cadete de Loitas Olímpicas, previsto para o sábado 17 de marzo no Pavillón Municipal dos Deportes coa asistencia de ao redor de 450 mozos deportistas. Despois chegará a gran cita do mes en canto a nivel competitivo, coa fase final da Europa Cup de waterpolo feminino na piscina olímpica de Pontemuíños entre o 23 e o 25 de marzo. E por último tomará a testemuña, tamén no Complexo Deportivo Rías do Sur, o Campionato de España Infantil de natación con preto de 800 deportistas do 25 ao 28 de marzo.
Estas citas obrigarán aos hoteis da cidade para colgar o cartel de completo en vésperas da Semana Santa (do 28 de marzo ao 1 de abril). Mesmo se espera que moitas destes deportistas xunto ás súas familias prolonguen a súa estancia na cidade algúns días, segundo confirmaron desde a Asociación de Hoteis de Pontevedra.
En canto ás reservas para estas festividades relixiosas en Pontevedra "no tenemos tradición de ser una ciudad de turismo de Semana Santa", sinalou a directora do hotel Galicia Palace, Patricia Sierra. Para eses días espérase a chegada de visitantes "de proximidad", fundamentalmente doutros puntos da nosa comunidade autónoma.
A meteoroloxía é "cada vez menos" determinante á hora de facer a reserva para visitar a Boa Vila, "es una ventaja que hemos sabido proyectar, la ciudad de no sol" xa que ao turista "le da igual" posto que "la gastronomía es cada vez más importante" do mesmo xeito que sucede cos eventos deportivos que "cada vez generan más clientes" que regresan a este destino despois das competicións nas que participaron.