Voa o módulo de salvamento de Montalvo polo temporal
Por Redacción
O paso do temporal Gisele está a deixar un regueiro de incidencias por todas as Rías Baixas. Tamén en Sanxenxo, onde os efectivos do servizo de emerxencias atenderon numerosos episodios relacionados co mal tempo.
Un dos máis rechamantes sucedeu na praia de Montalvo, onde o forte vento que azouta nesta xornada fixo voar o módulo de salvamento dos socorristas, que acabou no aparcadoiro.
Ademais, tamén se desprenderon unhas chapas na avenida de Madrid e na lonxa de Portonovo e un valo publicitario na rotonda de Baltar.
O temporal tamén afectou os tellados de varias casas e unha empresa en Adina, na zona do colexio Abrente, e provocou a caída de dúas árbores no parque de Montalvo e outro no lugar de Arra.