Un bar de Poio, denunciado por permitir o consumo de drogas e tabaco
Por Redacción
Un operativo conxunto da Garda Civil e a Policía Local de Poio levou ás autoridades para denunciar ao propietario dun bar do municipio por permitir o consumo de drogas e de tabaco no interior de local.
A inspección, realizada o pasado venres, iniciouse ás 21.15 horas. Nela, identificáronse 12 persoas e formuláronse unha ducia de denuncias administrativas.
As infraccións detectadas deron lugar a que se formulasen cinco actas, a outros tantos clientes, por consumo de drogas (marihuana, cocaína e haxix) e outras tres por fumar dentro do bar.
Iso deu lugar a que tamén fora denunciado o propietario do bar por permitir o consumo de drogas e tabaco no establecemento. Durante a inspección, ademais, incautáronse varias doses e pequenas cantidades de marihuana, haxix e cocaína.
Tamén se presentou unha denuncia por falta de respecto aos axentes no exercicio das súas funcións e outra en materia fiscal, xa que algunhas botellas que se servían no bar carecían das preceptivas etiquetas fiscais.
No dispositivo interviñeron doce efectivos, oito da Garda Civil (catro do posto de Pontevedra e outros catro da Patrulla Fiscal e Fronteiras) e catro axentes da Policía Local de Poio.
A operación coordinada polos dous corpos de seguridade desenvolveuse no marco do plan de resposta deseñado pola Secretaria de Estado e Seguridade para erradicar o consumo de estupefacientes nas zonas de lecer e diversión.