A Xunta acomete obras nun noiro de Bora para evitar desprendementos
Por Redacción
A consellería de Infraestruturas e Vivenda executa estes días as obras de mellora de estabilidade na estrada PO-542 para evitar desprendementos nun noiro situado á altura en Bora, no municipio de Pontevedra.
Os traballos desenvólvense nun noiro cunha lonxitude de 60 metros e unha altura de once metros. Os operarios colocarán cables e unha rede de tripla torsión para garantir a protección. Tamén se instalarán pezas para garantir que non se produzan desprendementos.
As obras estarán finalizadas a medidos do próximo mes de abril e o investimento previsto ascende a 67.000 euros. A zona atópase delimitada por barreiras e permítese o tráfico polos dous carrís. En momentos concretos de intervención de maquinaria pesada será preciso restrinxir a circulación a un só carril, segundo expón a Xunta de Galicia.