Despois de condenar aos seus tres colegas a Audiencia retoma o xuízo a un cuarto acusado de trapicheo
Por Oskar Viéitez
Tería que sentarse no banco da Audiencia de Pontevedra o pasado mes de xuño, pero non o fixo.
Despois de ditar unha orde de procura a Sección Cuarta retomará este martes, ás 11.30 horas, o xuízo por tráfico de drogas polo que a Fiscalía lle pide para M.A.S.R. unha condena de tres anos e medio de prisión e unha multa de dous mil euros con responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada cen ou fracción que deixe de abonar.
Os seus tres colegas recoñeceron que se dedicaban á venda de droga no centro histórico de Pontevedra polo que foron condenados a unha pena dun ano e medio de prisión, que foi suspendida coa condición de non volver delinquir no prazo de duración da condena.
A Policía Local de Pontevedra constatou que estes mozos mantiveron unha intensa actividade de venda de droga durante o do ano 2014, enmarcada nas rúas Barón e Pai Amoedo. Comisando no seu domicilia diversas cantidades de substancias estupefacientes, tanto cocaína como resina de cannabis, todas elas valoradas pola Fiscalía nuns 13.670 euros.