Aberto o prazo para que os locais se apunten á Ruta das Tapas 5 Estrelas
Por Redacción
A concellaría de promoción económica de Bueu, Silvia Carballo, invitaba este martes ao sector hosteleiro a participar na nova edición de Ruta das Tapas 5 Estrelas. Este martes 3 de abril iniciase o prazo de inscripción e permanecerá aberto ata o 16 deste mes. Os establecementos deberán indicar o nome do prato e o horario.
Os participantes irán selando o seu cupón en cada un dos establecementos dentro destas xornadas que está previsto que se desenvolvan durante o FICBUEU para dinamizar a hostalería local.
As bases completas poderán consultarse na web do Concello de Bueu. Trátase do terceiro ano consecutivo en que se leva a cabo esta proposta de lecer. Os locais que queiran participar deberán facelo a través do correo silvia@concellodebueu.gal ou no telefóno 986.39.00.29.