A Biblioteca Vidal Pazos será reformada para mellorar o seu uso
Por Redacción
s demandas dos usuarios levaron á Área de Cultura do Concello de Marín a traballar nun proxecto de mellora da planta baixa da Biblioteca municipal. Este proxecto englóbase no Plan de actuacións de locais municipais e solicitarase colaboración á Xunta de Galicia para acometer esta actuación.
Búscase unha mellor distribución dos espazos interiores, coa idea de mellorar a comodidade e as posibilidades de estudo dos usuarios, con especial atención ao espazo infantil.
Está previsto que se levante un tabique de cartón-ieso con illamento acústico, que separe o espazo de adultos do infantil. Pintaranse as paredes e instalarase novo mobiliario, máis acorde coas actividades. Ademais está prevista a instalación de chan de goma tipo quebracabezas na zona infantil.