A CIG convoca folga no sector de ambulancias
O voceiro da CIG, Xabier Aboi, anunciou este mércores en rolda de prensa, que as asembleas de traballadores do sector de ambulancias -no que a central sindical representa case ó 70%- acordou convocar paros os días 8 e 9 de maio; 6 e 7 de xuño; 5 e 6 de xullo e folga indefinida a partir do mes de setembro "se non se atenden as demandas do sector".
A CIG denuncia a negativa da patronal a negociar o convenio e a inacción da Xunta no conflito malia ser a responsable última deste servizo público.
Xabier Aboi sinalou que o convenio colectivo do sector de ambulancias está exactamente igual que en 2015 e na última xuntanza coa patronal, celebrada o pasado mes de decembro, o que propuxeron foron rebaixas nas condicións laborais e salariais.
Ademais criticou a actitude da Xunta, coa que se solicitaron xuntanzas en reiteradas ocasións, tanto co Sergas, como coa consellaría de Sanidade e o 061 que "non foron atendidas".
Nesta mesma rolda de prensa os delegados dos traballadores denunciaron o empeoramento das condicións laborais no que ten que ver co aumento de horas e da carga de traballo a consecuencia do incremento parello dos servizos que ten que atender o 061 tanto urxentes como non urxentes.
Afirman que aumentou o número de servizos, pero non os cadros de persoal e agora e o persoal o que sofre as consecuencias e á cidadanía que ve afectado o servizo que recibe.
Relacionadas:
-
Convocada folga de ambulancias a partir do 8 de febreiro
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Traballadores das ambulancias concéntranse para esixir un convenio "digno"
Por Redacción |
-
A CIG convocará unha folga ante a situación de "colapso" do transporte sanitario
Por Oskar Viéitez & María López Verdial |