A Policía Local de Vilagarcía pasa lista
Por Aitana Vidal
Este luns 29 de abril quedará marcado na historia de Vilagarcía. Marcarano os partidos da oposición e diversos colectivos sociais e culturais. Tamén fotógrafos e xornalistas. Foi a xornada na que, por primeira vez dende a chegada da Democracia, as persoas que acudiron ao Pleno da Corporación celebrado na casa do concello da praza de Ravella tiveron que dar o seu nome e DNI e foron obxecto dun rexistro.
A Policía Local foi a encargada de pasar este particular listo de asistentes, que dende o Goberno local se xustificou pola necesidade de cumprir o aforamento de 163 persoas que ten o Salón de Plenos e que non se entendeu desta forma entre o resto dos asistentes, pois recurdan que nos últimos anos e décadas nunca se realizara unha actuación similar a pesar de que chegaron a celebrarse sesións moi polémicas e multitudinarias nas que o público superaba o citado aforamento.
"Inaceptable" e "antidemocratico" foron os cualificativos esgrimidos por PSdeG, BNG e EU, que cos seus protesta atrasaron 45 minutos o inicio real do debate dos puntos que figuraban na orde do día da presión. Chegaron a pedir ao alcalde, de Tomás Fole, que eliminase a lista de asistentes recén cuberta pola Policía Local, na que figuraban 78 nomes. O rexedor rexeitou a reclamación e apelou a que a actuación foi "legal" e responde a razóns de seguridade. Igual motivo foi a xustificación para que cinco axentes municipais vixiasen a celebración da sesión.
A polémica estaba servida, pero non quedou aí. Os colectivos veciñais que enchían o Salón de Plenos tomaron a palabra, como xa estaba previsto. Neste caso, foron os afectados pola peatonalización de distintas zonas do centro urbano e polo inicio do funcionamento da tarxeta de residentes.
Despois de que expuxesen as súas ideas, os dous edís do grupo municipal de Esquerda Unida, Juan Fajardo e Ramón Bueno, levantáronse e deixaron a sesion en protesta pola identificación dos asistentes. Veno unha forma de represión.
A pesar dos contratempos, a polémica sesión plenaria revisou todos os puntos previstos na orde do día, entre eles, a toma de posesión da nova concelleira do grupo municipal do PP, Sandra García Roma, que substitúe o recentemente falecido Antonio Carballo. A nivel de Goberno local, reforzará as áreas que asume o alcalde Fole e asuirá as tarefas de relacións instucioales e veciñais.