Unha nena de 12 anos ratifica a acusación de abusos contra un veciño: "Me dijo que tenía mucho futuro con él"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
Unha menor de 13 anos declarou este xoves protexida tras un biombo na Audiencia Provincial de Pontevedra e ratificou unha denuncia que presentou en maio de 2017 contra un veciño do seu mesmo pobo do municipio da Lama. Por aquel entón tiña 12 anos e asegura que este home bicouna e someteu a tocamentos no baño dun bar.
O suposto autor dos abusos é un home que coñecía á súa familia e ao que ela adoitaba ver case a diario no bar situado xusto á beira da parada do autobús escolar. Este xoves sentou no banco da Sección Segunda da Audiencia acusado dun delito de abuso sexual polo que o fiscal pide que sexa condenado a catro anos de prisión.
A menor relatou que vira ao acusado moitas veces antes e el dáballe pequenas cantidades de diñeiro -1,5 ou 2 euros habitualmente- cando saía do autobús e ía co seu pai ao bar e dicíalle que entrase no baño con el. Ese día, o 25 de maio de 2017, chegou do colexio e foi ao baño. Non bloqueara a porta e, cando estaba sentada no baño, el entrou e achegóuselle.
"Empezó a darme besos en la boca", asegura a nena, que engade que tamén houbo tocamentos e que o home lle pediu que o acompañase a fin de semana á súa casa de madeira e "me dijo que tenía mucho futuro con él y que no llorara".
Tras iso, "me dio dinero y se marchó". En concreto, foron 1,55 euros. Ela, cando quedou soa "me quedé en el baño, cerré el pestillo y me puse a llorar" polo que pasara e tempo despois, cando xa estaba na casa, contoullo ao seu padrasto e leste á súa nai. Ao día seguinte, denunciaron.
O acusado, de nome José Antonio, sostivo a súa inocencia e que "nunca jamás en la vida" abusou da menor nin lle dixo que se metese no baño ou que lle acompañase o fin de semana á súa casa. Foi moi contundente nas súas afirmacións e asegurou non saber o motivo da denuncia: "yo no sé por qué me hacen esto".
No seu defensa, sostivo que daba diñeiro aos nenos para que se comprasen chucherías porque "eu tamén fun cativo", pero que nunca tivera problemas con esta nena nin con ningunha outra. "Jamás en la vida, ni con esta niña ni con ninguna", reiterou.
A nai da menor explicou á sala que esa tarde viu á nena "realmente tocada", pero atribuíuno a que estaba nerviosa porque fora a ver o que sería o seu instituto. Cando llo contou á súa parella, decidiu levala ao centro de atención á muller (CIM) da Lama e logo ao Emume da Garda Civil. Cando contou o que pasara, "la niña temblaba, lloraba, estaba muy afectada"
Tras estes feitos e a posterior denuncia, segundo indicou a nai, tiveron que deixar a súa casa e mudarse a outro pobo, pois "las personas del pueblo estaban en nuesstra contra" e chegaron a "echarme a empujones" do bar no que ocorreron os feitos e a ir ata a súa leira de noite a gritarlles.
Tanto o propietario do bar como outro veciño declararon na sala en defensa do acusado e aseguraron que aquela tarde dos feitos José Antonio non entrou ao baño en ningún momento, como sostén a nena.
Tras a celebración do xuízo, o fiscal do caso, Ignacio Saiz, elevou a definitivas as súas conclusións provisionais e pide para o acusado catro anos de prisión e a prohibición de aproximarse a unha distancia de 200 metros da menor e de comunicarse coa mesma por un período de oito anos. Ademais, pide que se lle impoña ao acusado a medida de liberdade vixiada outros oito anos, e que a indemnice con 1.500 euros.