Fiscalía e sindicatos manteñen a garda a pesar do descenso dos accidentes laborais
Por Oskar Viéitez
Os sindicatos UGT, CC OO e CIG reuniranse coa fiscal delegada de Sinistralidade Laboral de Pontevedra, Marta Durántez, o vindeiro martes 7 de maio na de Sala de Xuntas desta Fiscalía de Pontevedra para analizar a actividade ao longo do 2012 neste ámbito.
Segundo os datos ofrecidos por Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral as estatísticas son positivas en tanto en canto reflicten un descenso acusado do número de accidentes de traballo con baixa laboral.
En concreto, na provincia de Pontevedra no primeiro trimestre do ano a caída sitúase en preto do 20% con respecto aos tres primeiros meses do ano pasado.
En todo caso os sindicatos fan un chamamento a "non baixar a garda" intensificando as inspeccións para controlar o cumplimento das medidas de prevención e perseguindo e sancionando os incumprimentos.