Inician mobilizacións ante o centro de menores Avelino Montero contra a redución de persoal
Por Redacción
A Federación de Traballadores de Seguridade Privada da Unión Sindical Obreira (FTSP-USO) decidiu poñer en marhca unha serie de concentracións ante o centro de menores Avelino Montero para denunciar unha redución de persoal de seguridade "inasumible para garantir a seguridade nas instalacións".
A primeira das concentracións será este venres 27 de abril ás 11.45 horas ante o centro de menores situado na rúa Avelino Montero Villegas.
O sindicato xa denunciou nas últimas semanas que o novo concurso da Xunta de Galicia para os servizos de vixilancia dos centros prestadores de servizos sociais pon en risco a seguridade no centro de menores Avelino Montero.
O pasado 23 de febreiro publicáronse as condicións do concurso para aquelas empresas que queiran optar a estes servizos de seguridade privada en toda a comunidade autónoma. Entre estes servizos atopábase o centro de reeducación Avelino Montero e presentábase, como novidade no concurso, a redución do persoal do servizo de seguridade nun vixiante por quenda.
O concurso principal atópase actualmente paralizado pola presentación de recursos aos pregos do mesmo e en fase de licitación urxente por un mes de prestación ao finalizar a posibilidade de prórrogas á actual adxudicataria, ata a resolución do expediente.
O secretario de organización Estatal da FTSP-USO, Iván Blanco, critica á Xunta porque considera que "é do todo inadmisible que a Consellería de Política Social pretenda reducir custos poñendo en risco a seguridade do centro de reeducación e das persoas que traballan no mesmo".
Relacionadas:
-
O conselleiro de Política Social tranquiliza os traballadores do centro de menores Avelino Montero
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Denuncian novas agresións ao persoal do centro de menores Avelino Montero
-
Alertan dos riscos na seguridade do Avelino Montero pola redución de persoal
Por Oskar Viéitez |