O Partido Popular pide que se elabore unha nova ordenanza municipal de mobilidade
Por Redacción & Paula Sanmartín
O pleno municipal da corporación debaterá unha proposta do Partido Popular de Pontevedra, a través dunha moción, na que insta o goberno local a elaborar unha nova ordenanza de mobilidade que substitúa á normativa de circulación vixente.
Segundo o concelleiro popular José Luis Martín a actual ordenanza está "obsoleta", ao tratarse dunha normativa do ano 1989 que non se adapta aos "cambios que ha sufrido Pontevedra" durante estes anos, xa que a única modificación puntual realizouse en 2012 para establecer a velocidade máxima de 30 quilómetros/hora no centro urbano.
O PP pide que esta nova ordenanza fomente o uso do transporte público urbano "porque es la única manera de eliminar los coches del centro de la ciudad", sinalou Martín.
O edil mantén que "Pontevedra debe disponer de un modelo de movilidad más eficiente", no que entre outras cousas contemple o uso da bicicleta como medio de transporte, regulando a súa convivencia en espazos peonís, e os vehículos de mobilidade persoal como patinetes eléctricos, segways ou plataformas "que cada día son más frecuentes" e que na actualidade "se encuentran en el limbo".
O Partido Popular rexistrou hai unha semana esta moción co obxectivo de que poida debaterse xa no próximo pleno da corporación.