Satélites e drones para xestionar o sector forestal do século XXI
Por Redacción
Satélites e drones que permiten obter información sobre o territorio ou o uso da tecnología LiDAR para a caracterización das masas forestais.
Estes foron os tres aspectos cos que o Atlantic Geospatial Day, unha xornada desenrolada na Escola de Enxeñaría Forestal e dirixida a difundir a ampla variedade de ramas de coñecemento que abranguen as tecnoloxías xeoespaciais impulsada polo máster en Xeoinformática, abordou o potencial destas tecnoloxías no eido forestal.
Preto de 50 persoas, entre estudantes e profesionais, participaron nun evento que, como salientou na presentación Pedro Arias, coordinador desde o vindeiro curso deste mestrado interuniversitario, "organizase sempre en relación coas actividades do grupo de investigación en Xeotecnoloxías Aplicadas e do máster e ao que dámoslle cada ano un enfoque cara un determinado ámbito".
Neste caso, o forestal, a través das intervencións de Luis Ángel Ruiz, catedrático da Universitat Politécnica de Valencia; da egresada da Universidade de Vigo e enxeñeira de operacións da ESA Helena Iglesias, e do representante da empresa 3eData Federico Cheda, "coas que recollemos un pouco todo o espectro do que son as actividades neste ámbito", sinalou Arias.
Un ámbito, o forestal, no que a incorporación destas tecnoloxías implicará "unha transición case que entre o século XIX e o século XXI", engadiu o director da Escola de Enxeñaría Forestal, Juan Picos, quen apuntou que "pasamos practicamente de ter as mesmas técnicas durante cen anos" ao desenvolvemento dunhas tecnoloxías que van permitir que "a ciencia forestal de dentro de dez anos non se pareza en nada a de hai de anos".
Picos incidiu no potencial destas tecnoloxías, coas que "xa non se trata de ver como facemos o de antes cunha nova ferramenta, senón de como as novas ferramentas van permitir facer cousas que antes nin imaxinabamos".