O PP insiste en ensanchar a 9 metros unha estrada pola que só pasan 17 vehículos ao día
Por Oskar Viéitez
O goberno local de Cerdedo-Cotobade amosou o seu apoio, no pleno extraordinario celebrado este venres, ás demandas dos veciños da parroquia de Quireza no proxecto de reforma da estrada provincial EP-7102, Serrapio-Quireza-Portela, que xa está rematado e que non cumpre coas expectativas dos lugareños.
Ademais, o executivo local lamentou que a Deputación trate de amparar a realización dunha obra que licitou por 240.822 euros nunhas cifras de tráfico de 17 vehículos diarios que estima "falsas".
O goberno local cre que poderíase aproveitar esta nova fase de obras para corrixir a existencia de grava solta, laterais con moita altura, zonas sinuosas e embudos nalgunhas curvas e accesos.
Pola súa banda os socialistas de Cerdedo-Cotobade, que non acudiron o pleno extraordinario, catalogan de "teatro hipócrita" a "manipulación" do tenente de alcalde, José Balseiros, para "facer propaganda política, atacar á Deputación e conseguir atención mediática agora que non é alcalde".
Ademais lamentan que esta reclamación de ampliación da calzada se realice so cando se trata dunha estrada de titularidade provincial e non así cando a Xunta vén de licitar un proxecto para a estrada autonómica que conecta con esta vía provincial mantendo as características de sección aplicadas pola Deputación: sete metros de largo.
Esta demanda tamén foi levada sen éxito polo PP ao pleno da Deputación deste venres onde a presidenta, Carmela Silva, comprometeuse a visitar esta estrada da que o goberno provincial dixo estar orgulloso coa súa reforma.
Relacionadas:
-
Piden a mellora dun tramo perigoso dunha estrada provincial EP-7102 en Cerdedo-Cotobade
Por Redacción |
-
A Deputación finaliza a obra de mellora da estrada provincial Serrapio-Portela
Por Redacción |
-
O pintado da estrada provincial Serrapio-Portela, pendente da chuvia
Por Redacción |
-
O goberno de Cerdedo-Cotobade apoia as protestas dos veciños de Quireza contra a Deputación
Por Redacción |